As cores de Outono

Actualizado 24/10/2012 08:42

museo de pontevedra

Obradoiros de pintura para adultos

O Museo organiza para este outono dous obradoiros de pintura un dirixido a adultos e outro a persoas con discapacidade psíquica moderada.

Seguindo a dinámica dos obradoiros realizados desde o Gabinete Didáctico do Museo, nos que se traballa unha técnica artística de forma lúdica e formativa a través dalgunha das obras da colección do Museo, presentamos dous obradoiros de pintura para este outono.

  • Souto, impresión na mesa. Este ano iniciaremos este obradoiros nunha fase experimental cun grupo de persoas don discapacidade psíquica moderada no mes de novembro e primeira quincena de decembro. Polo carácter de ensaio que ten nesta ocasión as prazas están xa cubertas.
  • Colmeiro, a cor da paisaxe. Este obradoiro vai dirixido a adultos de tódalas idades que desexen iniciarse na pintura e coñecer a vida e obra dun artista representado la colección do Museo. Os participantes pintarán empregando a técnica do óleo, ademais as clases van acompañadas de apoio audiovisual elaborado para mostrar a traxectoria artística do pintor e o contexto no que se desenvolveu.

    Lugar de celebración: Sexto Edificio (r/ Padre Amoedo, 3)

    Datas: Xoves do mes de novembro e primeira quincena de decembro

    Horario de 17 h a 19 h

    Número de prazas: 10

  • As solicitudes de inscrición achegaranse ó rexistro da Deputación de Pontevedra . O prazo remata o 6 de novembro

    Descargar formulario aquí

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra