Exposición Premio Novos Valores de Artes Plásticas 2012

Actualizado 26/10/2012 09:13

museo de pontevedra

Despois da súa primeira exhibición no Museo de Pontevedra, as obras seleccionadas neste certame organizado pola Deputación de Pontevedra expóñense nos concellos de Moraña e Campo Lameiro desde o 26 de outubro ó 25 de novembro.

Móstranse 35 obras das modalidades de pintura, escultura, gravado, fotografía, debuxo e vídeo que se distribúen, por cuestións de espazo, entre a Casa de Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Moraña e o Centro Sociocultural Sobrino Buhigas de Campo Lameiro.

Esta exposición realízase dentro do programa de colaboración cultural da Deputación e o Museo de Pontevedra cos concellos da provincia.

A inauguración terá lugar o venres 26 ás 19 h en Moraña e as 20 h en Campo Lameiro.

O horario de apertura ó público é o seguinte:

Moraña.- De 10 a 14 h e de 16 a 20 h. De luns a venres.

Campo Lameiro.- De 10 a 13 h. De luns a venres.

Ver catálogo en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra