Exposición Aramburu, da infancia á madurez

Actualizado 19/11/2012 09:56

museo de pontevedra

Desde o 23 de novembro e ata o 20 de xaneiro exhíbese no Sexto Edificio, homenaxe ó artista que foi pensionado pola Deputación de Pontevedra en 1968 e 1969 para ampliar os seus estudos artísticos en París.

A mostra ten como comisario a Celestino Lores Rosal, director do proxecto cultural Camiños e presidente da Fundación Camiño Portugués a Santiago. Está integrada por máis dun centenar de obras procedentes de coleccións públicas e particulares de Galicia, en especial da do propio pintor, prescindindo doutras de coleccións de España e do estranxeiro, en concreto de Suecia e Alemaña onde Manuel Aramburu traballou e expuxo en diversas ocasións.

Ver más información





Comparte
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra