Visitas guiadas á exposición Aramburu. Da infancia á madurez

Actualizado 27/11/2012 09:26

museo de pontevedra

Comezan o venres, día 30 de novembro, ás 19:00 h, para visitantes individuais.

Todos os venres, ás 19:00 h, o persoal do Gabinete Didáctico ofrece ós interesados a posibilidade de realizar unha visita guiada á exposición Aramburu. Da infancia á madurez, que desde o 23 de novembro se exhibe no Sexto Edificio, con explicacións sobre o artista e a súa obra, para o que non se necesita ningún tipo de inscrición.

Ademais, aqueles colectivos que o desexen poden realizar a visita fóra do horario habitual, concertándoa previamente co Gabinete Didáctico a través do teléfono 986 804100 (extensión 42413) ou no correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es

A exposición permanecerá aberta ata o 20 de xaneiro.

Ver información da exposición

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra