Antonio Rodríguez Fraiz, “O cura de Campañó”

Actualizado 29/11/2012 09:02

museo de pontevedra

Cúmprense o 30 de novembro cen anos do nacemento de Rodríguez Fraiz, un cura comprometido coa cultura galega e colaborador activo do Museo.

Neste artigo faise un repaso pola obra investigadora deste cura, nado en Santa Mariña de Tomonde (Cerdedo), que desenvolveu o seu labor fundamentalmente na parroquia pontevedresa de Campañó. Foi colaborador habitual do Museo de Pontevedra e cofundador do Museo do Pobo Galego. A súa preocupación polo uso do galego, incluso desde o púlpito, pola cultura e pola arte propiciou que fose elixido membro da sección de Xeografía e Historia do “Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos” e da Comisión Diocesana de Arte.

Ver artigo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra