Exposición Premios Novos Valores de Artes Plásticas 2012 en O Porriño

Actualizado 30/11/2012 13:37

museo de pontevedra

Exhibida primeiro no Museo e logo nos concellos de Moraña e Campo Lameiro, as obras seleccionadas neste certame organizado pola Deputación de Pontevedra móstranse no de O Porriño a partir do 5 de decembro e ata o 7 de xaneiro.

O Centro Cultural Municipal acolle as 35 obras das modalidades de pintura, escultura, gravado, fotografía, debuxo e vídeo que foron escollidas polo xurado para conformar a mostra entre as presentadas ó certame.

Esta exposición inclúese no programa de colaboración cultural da Deputación e o Museo de Pontevedra cos concellos da provincia.

Inaugúrase ás 20:00 h co seguinte horario de apertura ó público: de luns a venres, de 09:00 a 21:00 h, e os sábados, de 10:00 a 14:00 h, permanecendo pechada os domingos.

Descargar catálogo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra