Ciclo Passivhaus y Bioconstrucción 2012

Actualizado 10/12/2012 10:13

museo de pontevedra

Celébrase no Sexto Edificio o 12 de decembro, a partir das 16:30 h, e dará a coñecer o novo modelo de edificación sostible.

O estudio de arquitectura Casadobe organiza o Ciclo Passivhaus e Bioconstrución 2012, que dá a coñecer o estándar das casas pasivas, un novo modelo de edificación que ten en conta a protección do medio ambiente e aforro enerxético.

A actividade, dirixida a técnicos e público en xeral, e que conta coa colaboración da Plataforma de Edificación Passivhaus (PEP), Materia Consultoría e Bioconstruirme, comprende unha visita á obra dunha casa pasiva en Portonovo e unha xornada técnica en Santiago, así como unha exposición e charlas que se celebrarán nas capitais das catro provincias galegas.

En Pontevedra as ponencias serán as seguintes: Introducción al estándar Passivhaus para la construcción de edificios de muy bajo consumo energético, por Nuria Díaz Antón; Sistemas de depuración natural del agua, por Beatriz Roo; Soneu, una casa pasiva en Portonovo, por Mike Lehmhaus, e El estándar Passivhaus como reto para la vivienda social, por Anne Vogt.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra