Veciños de Lalín. 1912 -2012

Actualizado 11/12/2012 09:31

museo de pontevedra

Trátase dunha mostra de 50 fotografías tomadas entre os anos 1912 e 2012 prestadas por veciños do concello de Lalín para expoñer no Museo Municipal Ramón Mª Aller.

Reunións familiares e de amigos, festas e romarías, acontecementos sociais destacados… son os temas amosados nesta exposición na que o Museo de Pontevedra participa, no marco da colaboración establecida cos concellos da Provincia, proporcionando axuda técnica, elementos de montaxe e difusión.

Permanecerá aberta ó público desde o 14 de decembro ata o 20 de xaneiro de 2013, de luns a venres, no horario de nove a dúas polas mañás e de sete a nove polas tardes.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra