Exposición Sexo na pedra, no Patronato de Turismo Rías Baixas

Actualizado 21/12/2012 08:23

museo de pontevedra

Ideada e proposta por Federico de la Peña Santos, autor das fotografías que a integran, a mostra está incluída no proxecto de colaboración cultural do Museo cos concellos da provincia, polos que itinerará trala súa clausura na sala de exposicións do Patronato de Turismo Rías Baixas.

Nela figuran corenta fotografías tomadas dos elementos arquitectónicos das igrexas románicas de Galicia, con claro protagonismo das pontevedresas, que adoitan pasar desapercibidas para os visitantes e incluso para os propios veciños.

As imaxes mostran actitudes que a igrexa medieval consideraba que fomentaban o vicio e así se representaban órganos sexuais, escenas pornográficas, músicos, contorsionistas e personaxes comendo ou bebendo esaxeradamente e en posturas eróticas, así como as consecuencias derivadas deses actos, como o castigo ó que eran sometidos os pecadores.

Permanecerá aberta ata o 7 de xaneiro de 2013, de luns a venres e de 17:00 a 20:00 h.





Comparte
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra