Xornadas de portas abertas no Sexto Edificio

Actualizado 04/01/2013 14:05

museo de pontevedra

Celebraranse desde o venres, día 4, ata o luns, 7 de xaneiro.

Trala súa inauguración polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, a Deputación de Pontevedra organiza unhas xornadas de portas abertas para que os pontevedreses e o público en xeral poidan coñecer a totalidade dos fondos que se exhiben nas vinte e tres salas do Sexto Edificio dedicadas a exposición permanente.

O horario será o seguinte:

  • Venres, día 4, de 17:00 a 21:00 h.
  • Desde o sábado, día 5, ata o luns, día 7, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h.
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra