O concerto Despedida del Villancico celebrarase o próximo venres, 11 de xaneiro

Actualizado 07/01/2013 12:40

museo de pontevedra

Un ano máis, e xa van cincuenta e cinco, o Museo organiza o concerto Despedida del Villancico, que terá lugar na igrexa parroquial de San Bartolomeu o próximo venres, 11 de xaneiro ás nove da noite. A entrada é libre.

Será ofrecido polo coro de ex - cantores do Instituto de Pontevedra, dirixidos por José Verea Montero, que interpretará o seguinte programa:

  • -In dulci jubilo, canon inglés do século XV.
  • -Le message des anges, tradicional francés, do século XIII, harmonizado por Agustín Isorna (1914-1966).
  • -Gloria in caelo, lauda italiana do século XIII, harmonizada por Agustín Isorna.
  • -No la debemos dormir, do Cancioneiro de Upsala, de Fr. Ambrosio de Montesino, do século XVI.
  • -Más vale trocar, de Juan del Encina (1468-1529).
  • -Es ist ein Ros entsprungen, de Michael Praetorius (1571-1621).
  • -Jesus Christ is born, espiritual negro, de Robert Nathaniel Dett (1882-1943).
  • -No seio da Virge Mai, Nadal de Elvas (Portugal), harmonizado por Mário Sampaio Ribeiro (1898-1966).
  • -O bon rei Don Wenceslao, tradicional inglés, harmonizado por Sir Malcolm Sargent (1895-1967).
  • -Un paxariño en Belén, de Manuela Verea.
  • -Deitadiño está nas pallas, tradicional portugués, harmonizado por Agustín Isorna.
  • -A palmeira, de José Verea.
  • -Adeste fideles, popular do século XVIII, de John Reading, harmonizado por Agustín Isorna.
  • -Stille nacht, de Franz Gruber (1787-1863).
  • -O tannenbaum, tradicional alemán, harmonizado por Agustín Isorna.
  • -Benedicat vobis, de Georg Friedrich Haëndel (1685-1750).
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra