Documental Fraga y Fidel, sin embargo

Actualizado 18/01/2013 14:13

museo de pontevedra

O salón de actos do Sexto Edificio acolle o próximo 25 de xaneiro, venres, ás 20:00 h, a presentación do documental Fraga y Fidel, sin embargo, dirixido polo pontevedrés Manuel Fernández-Valdés (1979), máster en Documental de Creación da Universidad Pompeu Frabra de Barcelona, cuxa primeira longametraxe foi Manuel y Elisa.

No documental recóllese a visita de dous días que en 1992 realizou Fidel Castro a Galicia para acudir á casa onde nacera o seu pai en Láncara (Lugo), recibindo durante ese tempo os honores que lle tributou o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, que lle tiña preparada unha axenda chea de homenaxes e celebracións.

Foi seleccionado en 2012 para optar á Caracola de Alcances á mellor longametraxe documental na sección oficial da 44ª Muestra Cinematográfica del Atlántico, organizada polo Concello de Cádiz. A súa produción está a cargo de Teresa Fernández-Valdés, Ramón Campos e Bambú Producciones, con Raimundo Riestra como axudante, Carlos Vásquez e Enrique Baró como cámaras, encargándose da montaxe Fernando Carmena, do son Juan J. Gay e do desenvolvemento Fernando Carmena e Santiago Brey.

Premendo aquí pódese ver un tráiler deste documental.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra