Presentación do libro El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1558-1984, de Villa Álvarez.

Actualizado 21/01/2013 12:02

museo de pontevedra

O Mosteiro da Transfiguración do Señor, de Monxas Bieitas de Trasmañó (Redondela), vén de publicar o libro de Joaquín Miguel Villa Álvarez titulado El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1558-1984, que será presentado no Sexto Edificio o venres, día 25 de xaneiro, ás 18:00 h.

Precedido por un longo capítulo introdutorio dedicado ó monacato do Baixo Miño e Val Miñor na Idade Media, o libro estuda a historia do convento de monxas beneditinas nacido no século XVI na vila galega de A Guarda, sendo os seus fundadores bisnetos de Pedro Álvarez de Sotomayor, «Pedro Madruga». Vinculado desde os seus comezos á nobreza, no século XVIII alcanzou o seu maior apoxeo, para sufrir logo a longa crise decimonónica que culminou con trece anos de exilio das bieitas de A Guarda no convento das de Baiona. Tralo regreso, a vida conventual recuperouse con rapidez e o mosteiro acadou nos anos centrais do século XX unha segunda etapa de esplendor. Finalmente, a crecente presión urbanística obrigou ás beneditinas guardesas a abandonar a que foi a súa casa durante máis de catro centurias, trasladándose ó lugar de Trasmañó, xunto á ría de Vigo.

Joaquín Miguel Villa analiza asemade as construcións do mosteiro desde as iniciais do século XVI ata a situación actual, incluídas as reformas do XVIII e do XX, aportando como ilustracións de indubidable valor, como fotografías, mapas e planos, e estuda a situación económica, social e política de cada momento e a súa influencia na vida da comunidade.

En palabras do catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela, Ermelindo Portela Silva, como “resultado del esfuerzo de un historiador que conoce a fondo su oficio, la obra de Joaquín Miguel Villa es una muy valiosa aportación a la historia monástica, a la historia de A Guarda y a la historia a secas”.

Para Xoán Martínez Tamuxe, do Instituto de Estudos Tudenses, cada capítulo do libro “es como un ventanal que da paso y muestra una bella panorámica; o mejor, cada capítulo es como un faro que ilumina cada uno de los múltiples pasos: vidas, hechos, aconteceres, gozos, penalidades… de la Comunidad benedictina”.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra