Charla sobre Os menores ante as novas tecnoloxías

Actualizado 21/01/2013 12:15

museo de pontevedra

Está organizada pola Deputación de Pontevedra e a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FANPA) e será impartida por Jose E. Torres Meira, responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda Civil.

Nela serán tratados os seguintes aspectos de interese, especialmente para os pais e nais, pola súa actualidade: telefonía móbil, bluetooth, redes wifi, mensaxería instantánea ou chat, redes sociais, redes P2P, datos de carácter persoal, vantaxes e inconvenientes da webcam e recomendacións para unha navegación segura, ofrecendo ó finalizar a posibilidade de que os asistentes presenten ó conferenciante dúbidas ou cuestións que poidan ser interesantes.

O 22 de febreiro ás 20 h haberá unha nova sesión, pero dirixida a adultos.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra