Ciclo de cine

Actualizado 22/01/2013 09:20

museo de pontevedra

O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h os días 26 de xaneiro, 23 de febreiro, 16 de marzo, 13 de abril, 11 de maio e 1 de xuño.

As películas que se pasarán, respectivamente, son as seguintes: Benvidos a Belleville, Os contos do camiño I, Kirikou e a bruxa, Kirikou e as bestas salvaxes, Nocturna, unha aventura máxica, e Ponyo nos cantís.

O Museo pon a disposición dos interesados cincuenta entradas, que poden ser retiradas na recepción do Sexto Edificio.

Ver programa

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra