Presentación do libro de José Luis Gómez

Actualizado 05/02/2013 12:03

museo de pontevedra

O salón de actos do Sexto Edificio do Museo acolle o xoves, día 14 de febreiro, ás 20:00 h, a presentación do libro de José Luis Gómez Cómo salir de esta, prologado por Carster Moser, ex presidente da Cámara de Comercio Alemana para España, e publicado por Actualia Editorial.

Intervirán no acto Cristina Seco, directora de Actualia Editorial, Luciano Fariña, presidente do Consello de Contas, Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, e o autor do libro.

Na publicación, o xornalista José Luis Gómez analiza as medidas adoptadas en España como consecuencia da crise económica e aporta as claves para a saída da recesión.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra