Briallos Paradiso, exposición de Celso Varela

Actualizado 05/02/2013 14:06

museo de pontevedra

Esta mostra toma o seu título da última serie de pinturas de Celso Varela sobre o seu Briallos natal, conformada por paisaxes, figuras e algúns autorretratos de especial interese creativo e plástico.

Está integrada por medio cento de obras, de medio e gran formato, producidas maioritariamente nos últimos cinco anos, nas que se evidencia o sentido da paisaxe do artista e a súa relación coa figura, que derivou desde un acento giacomettiano a unha intensa claridade cromática con forte impronta do seu carácter.

Celso Varela Duro (Briallos, Portas, 1952) é autodidacta e celebrou desde 1976 vinte exposicións individuais en Galicia e París. Sobre a súa obra escribiron críticos, poetas, pintores e escritores, como Manuel Torres, Solla, Ruibal, X. Antón Castro, Suso Varela, Alfredo Conde, José Pérez-Guerra ou Tomás Paredes, presidente da Asociación Española de Críticos de Arte e comisario da exposición.

Permanecerá aberta desde o 8 de febreiro ata o 17 de marzo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra