Concerto de Ensemble Pontebones

Actualizado 14/02/2013 13:03

museo de pontevedra

Interpretará o Concertino para oito trombóns e solista, de Eric Ewazen, o domingo 17 de febreiro, ás 12:00 h, no Sexto Edificio.

O domingo, día 17 de febreiro, ás 12:00 h, e con entrada libre, celebrarase no salón de actos do Sexto Edificio o concerto de Ensemble Pontebones, dirixido polo profesor Abel Clemente Riera, que contará coa colaboración de Petur Eiriksson, trombón baixo da Orquestra Sinfónica de Galicia. Interpretará o Concertino para oito trombóns e solista, de Eric Ewazen (Cleveland, Ohio, 1954).

O grupo está formado por trombóns de Galicia, que colaboran con orquestras e bandas profesionais da zona. Na súa maioría os seus integrantes estudan no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra), no Conservatorio Superior de Música de A Coruña e no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

O obxectivo de Pontebones é dar a coñecer o repertorio camerístico dunha agrupación de trombóns e mostrar o trombón no seu máximo esplendor, como instrumento solista e como parte dun grupo de música de cámara. Tamén pretende compartir co público unha idea musical do Ensemble: achegarlle as súas posibilidades sonoras, mediante un repertorio variado en estilos e épocas, orixinal e flexible ó oído do público.

Por iso, será, sen dúbida, un concerto moi diferente dunha formación distinta e nova.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra