Trasladados os Profetas do Pórtico da Gloria

Actualizado 15/02/2013 13:18

museo de pontevedra

As esculturas dos Profetas procedentes do cerramento exterior do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago foron xa retiradas do seu emprazamento no edificio García Flórez para seren sometidas no taller de restauración ós tratamentos previos á súa instalación nas salas de Arte Medieval no rehabilitado edificio Sarmiento.

Por iso, está aberta novamente ó público a planta baixa do García Flórez, podendo ser visitada a reprodución da cámara de oficiais da fragata Numancia, as salas dedicadas ós mareantes pontevedreses e as de escultura relixiosa.

As dúas pezas, que permanecían no Museo desde o ano 1956, foran retiradas do cerramento exterior da obra do célebre Mestre Mateo cando foi reformada en 1520 a fachada oeste da catedral.

Picar na imaxe para ampliala

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra