Peche de salas no edificio García Flórez

Actualizado 15/02/2013 13:35

museo de pontevedra

Para poder trasladar as estatuas columnas que pertenceron á parte exterior do Pórtico da Gloria da catedral compostelá, coa fin de acondicionalas para o seu novo emprazamento nas salas de Arte Medieval do Edificio Sarmiento, temos que cerrar ó público a planta baixa do edificio García Flórez desde o día 15 ó 24 de febreiro.

As dúas pezas, que permanecían no Museo desde o ano 1956, foran retiradas do cerramento exterior da obra do célebre Mestre Mateo cando foi reformada en 1520 a fachada oeste da catedral.

As salas afectadas polo peche son a reprodución da cámara da fragata Numancia, a dedicada ós mareantes pontevedreses e a de escultura relixiosa.

Picar na imaxe para ampliala

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra