Concurso Exposición Internacional da Camelia

Actualizado 25/02/2013 10:17

museo de pontevedra

O edificio Sarmiento acolle os días 2 e 3 de marzo o XLIX Concurso Exposición Internacional da Camelia que a Deputación de Pontevedra organiza anualmente.

A inauguración oficial e a apertura da exposición ó público terá lugar ás 19:00 h do sábado, día 2, permanecendo aberta ata as 21:00 h.

O domingo, día 3, o horario de visita será desde as 10:00 ata as 21:00 h. Ademais, celebrarase, entre as 10:00 e as 12:00 h, un foro informativo sobre a ruta da camelia. Ás 12:30 h farase público o dictame do xurado e procederase á entrega de premios, seguida dunha actuación musical.

Ver bases

Coñecer historia

Programa do foro informativo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra