Presentación de El toro y el dragón

Actualizado 26/02/2013 08:34

museo de pontevedra

O xornalista Juan de Sola, de Onda Cero Pontevedra, presentará o libro El toro y el dragón, de Manuel Ángel Ortega Carriles, no transcurso dun acto que terá lugar o día 1 de marzo, venres, ás 20:00 h, no Sexto Edificio do Museo.

Manuel Ángel Ortega, natural de Noriega (Asturias), dirixe un estudio de arquitectura en Unquera (Cantabria). Representou a España en numerosos simposios relacionados coa súa profesión en Hispano América.

No libro El toro y el dragón Ortega Carriles narra as súas experiencias durante unha viaxe a China, país polo que quedou fascinado. Tras expoñer a significación que para el teñen ambos animais, representacións de España e China respectivamente, e unha breve exposición sobre a historia e a xeografía do país asiático, céntrase no estudo das comidas, das tradicións, dos xardíns, das rúas, dos palacios e monumentos… que encontrou nas distintas cidades (Tianjin, Hong Kong, Macao, Taiwán e , en especial, Pekín ou Shangái).

Ó longo dos vinte e un capítulos da obra Manuel Ángel Ortega dá unha visión moi válida para os que desexen dispoñer dunha introdución lixeira, divertida, completa e acrítica sobre China.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra