Comezan de novo as visitas guiadas da Ruta do Museo

Actualizado 07/03/2013 10:02

museo de pontevedra

Os sábados e os domingos pola mañá durante os meses de marzo, abril e maio, celebrarase un novo ciclo de visitas guiadas da Ruta do Museo polos diferentes edificios que o compoñen.

O itinerario comezará nas Ruínas de San Domingos ás 11:30 h.

A participación nesta actividade é de balde, pero é preciso inscribirse para elixir a data desexada e formar os grupos. Deberá haber un mínimo de cinco persoas.

As inscricións poden facerse no propio Museo, chamando ao teléfono 986 804 100, extensión 42413 (Gabinete Didáctico), ou enviando unha mensaxe ao correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es.

Unha actividade complementaria desta é a titulada Achégate ó Sexto!, centrada en exclusiva na visita a este inmoble hai pouco inaugurado e ás coleccións expostas nel.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra