Debate sobre Orixe e identidade de Cristóbal Colón. Repercusións económicas para Galicia

Actualizado 11/03/2013 11:14

museo de pontevedra

Organizado polo Ateneo de Pontevedra e a Asociación Cristóbal Colón Galego, o debate sobre Orixe e identidade de Cristóbal Colón. Repercusións económicas para Galicia terá lugar o xoves, día 14 de marzo, ás 20:00 h, no salón de actos do Sexto Edificio do Museo, con entrada libre.

Moderado por Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo, contará coas intervencións de Luciano Sobral Fernández, alcalde de Poio, José Martinho Montero Santalha, especialista na lingua de Colón, Xulio Pardellas de Blas, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, e Modesto Manuel Doval Montes, investigador e divulgador da teoría coloniana.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra