Presentación do volumen XXI dos Cadernos Ramón Piñeiro

Actualizado 13/03/2013 14:04

museo de pontevedra

O volume XXI dos Cadernos Ramón Piñeiro, publicados polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que está dedicado a Correspondencia habida entre Xosé Mª Álvarez Blázquez e Isidoro Millán González-Pardo, coordinado por Xosé Luis Cochón Touriño, será presentado no Sexto Edificio do Museo o venres, 15 de marzo, ás 20:00 h.

Trátase dunha obra de carácter epistolar que reúne un conxunto de cartas inéditas cursadas entre ambos intelectuais , ó que se lle une a descuberta dunha publicación de 1849 con partes do texto en galego.

Intervirán no acto o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García, Xosé Luis Cochón, Rosario Álvarez, Luís Alonso Gilgado e Xosé Álvarez Cáccamo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra