Conferencia Xenes e ambiente: o compoñente xenético na saúde e na enfermidade

Actualizado 20/03/2013 09:23

museo de pontevedra

Organizada pola Asociación Mulleres en Igualdade de Pontevedra, ás 20:00 h do venres 22 de marzo o salón de actos do Sexto Edificio do Museo acolle a conferencia sobre Xenes e ambiente: o compoñente xenético na saúde e na enfermidade, que pronunciará o Dr. Ángel Carracedo Álvarez.

Efectuará a presentación do conferenciante Mª Beatriz Piñeiro Lago, presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Pontevedra.

Ángel Carracedo é director da Fundación Pública Gallega de Medicina Genómica (Consellería de Sanidade), catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago, director do Centro Nacional de Xenotipado (nodo USC), membro do CIBER de enfermidades raras (CIBERER).

É autor de numerosos libros e artigos publicados en revistas SCI en Medicina Xenómica, Xenética clínica e Xenética forense e de poboación, incluíndo artigos en Nature, Science, Nature Genetics ou American Journal of Human Genetics, ademais das principais revistas de Xenética e de Medicina forense.

Tamén é membro do board de sociedades nacionais e internacionais de xenética e cancro, presidente da Sociedad Española de Farmacogenética y Farmacogenómica, vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal e presidente da Academia Mediterránea de Ciencias Forenses.

Obtivo, entre outros, os premios Rey Jaime I, Galicia de Investigación e Novoa Santos, sendo galardoado coas medallas Galien, Castelao e de Galicia e coa Cruz ó Mérito Policial.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra