O número 17 da revista Galegos/Gallegos recorda a Alejandro de la Sota

Actualizado 22/03/2013 08:20

museo de pontevedra

Ézaro Ediciones presenta o venres 22 de marzo, ás 20:45 h, no edificio Sarmiento do Museo, o número 17 da revista Galegos/Gallegos, correspondente a 2012, no que se inclúe un caderno especial dedicado ó arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota, nun acto que estará presidido pola Ministra de Fomento Ana Pastor.

No caderno inclúense, entre outros, os artigos “Alejandro de la Sota: la facilidad de la arquitectura”, de Moisés Puente, “Un entorno propicio”, de Rafael López Torre, “Sobre a importancia da idea: a vivenda unifamiliar do Sr. Domínguez en Pontevedra”, de José Manuel Gallego Jorreto, “Unha arquitectura atemporal”, de César Portela, e “Semblanza de Alejandro de la Sota por uno de sus hijos”, de José de la Sota Ríus.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra