Visita guiada á exposición En plenas facultades

Celebrarase o venres 5 de abril ás 19:00 h, a cargo dos comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre e algúns dos artistas.

Actualizado 03/04/2013 10:47

museo de pontevedra

Desde o 26 de marzo permanece aberta no Sexto Edificio do Museo a mostra En plenas facultades, na que exhiben a súa obra quince artistas ós que os une a característica de exercer como profesores na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Para o venres 5 de abril, ás 19:00 h, está programada unha visita guiada á exposición, na que explicarán a idea e o contido, ademais dalgúns artistas presentes na mesma, os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre.

O grupo estará integrado por un máximo de 30 persoas, polo que os interesados deben inscribirse na secretaría do Museo, ben a través do teléfono 986 804 100 (ext. 42436) ou do correo electrónico secretaria.museo@depo.es

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra