Presentación da ONG Creart

Actualizado 11/04/2013 18:34

museo de pontevedra

Campo de refuxiados do tsunami. Tailandia, xaneiro de 2005

A ONG Creart preséntase en Pontevedra o sábado 20 de abril, coa celebración da xornada A educación a través da arte, que comeza no Sexto Edificio do Museo ás 10:00 h e que contempla a realización das seguintes actividades:

-Na sesión da mañá, entre as 10:30 e as 13:30 h, obradoiro de portas abertas de creación artística en educación de valores para nenos e nenas en idades comprendidas entre 5 e 12 anos, sobre Educación a través da Arte.

-Na da tarde, entre as 17:00 e as 18:30 h, obradoiro para formadores de Educación para a Paz a través da Arte, no que se mostra dun modo vivencial a metodoloxía socio-afectiva que utiliza Creart nos seus talleres de formación de formadores, orientado a profesionais e estudantes do sector da educación, artistas, estudantes de Belas Artes e outros profesionais do sector. As persoas interesadas en inscribirse nesta actividade poden facelo chamando ó teléfono 986 804 100, extensión 42436.

-Ás 19:00 h, charla na que será presentada formalmente a ONG Creart, organización que traballa para a educación da infancia a través da arte, explicando os seus proxectos e metodoloxía de traballo.

Mediante unha exposición dixital mostraranse as actividades levadas a cabo por Creart en diferentes países e culturas, coa proxección en bucle dos seguintes vídeos: -Sus otras voces, de 15 minutos de duración, que conta a realidade dos nenos e das nenas na Franxa de Gaza, Territorios Ocupados Palestinos, despois dun bombardeo, e como a arte e a creatividade os axuda desde o apoio psicosocial. -Proyectos Creart, de 5 minutos, unha revisión fotográfica dos distintos obradoiros realizados por Creart en diferentes partes do mundo. -Babaganush, de 4 minutos, que narra a preparación, montaxe e inauguración da exposición final dun proxecto de formación de formadores a través da arte na Franxa de Gaza.

Nun stand pódese obter diversa información sobre a ONG Creart:

-Principais proxectos e actividades levadas a cabo.

-Proxectos actuais.

-Presentación da colección Qontextos, da editorial galega OQO Editora, que cede a Creart, en apoio ós seus proxectos, parte dos dereitos dos seus álbums ilustrados.

-Información sobre o proxecto de reconstrución parcial da escola da aldea de pescadores de Mboro sur Mer, en Senegal.

-Colaboración en dito proxecto, a través da construción simbólica do centro educativo con pezas lego.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra