Concerto presentación do CD Mar abierto, de Daniel Drexler

Actualizado 12/04/2013 12:20

museo de pontevedra

Con entrada libre ata completar aforo, Daniel Drexler ofrece o concerto de presentación do seu novo CD Mar abierto o domingo 14 de abril, ás 19:00 h, no Sexto Edificio do Museo.

Integran a banda Gonzalo Gutiérrez, baixo eléctrico, Martín Ibarburu, batería, Tato Bolognini, percusións, Eduardo Mauris, guitarra eléctrica, e Dany López, pianista, actuando como artista invitado Tincho Fernán.

O CD recolle as doce cancións seguintes da autoría de Daniel Drexler: Piedra, Nao se esqueça de nós, Maestra, La simiente, Cuando estalla, Siestas de verano, Mar abierto, Al viento las velas, El misterio del maracujá, Digo, Sheiko e La serena.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra