Ciclo de conferencias A arte en Galicia

Actualizado 16/04/2013 08:15

museo de pontevedra

Coa colaboración do Concello de Pontevedra, de Autopistas del Atlántico e do Museo, a Fundación Cultural Rutas del Románico organiza un novo ciclo de conferencias sobre A arte en Galicia, que terá como sede o Sexto Edificio, os días 18 e 19 de abril, con disertacións que comezarán ás 18:30 e ás 20:30 h, co seguinte programa:

O xoves, 18, intervén en primeiro lugar Gonzalo Francisco Fernández Suárez, da Universidade de Santiago, disertando sobre As actas municipais para o estudo do mundo urbano, e a continuación Teresa Moure Pena, sobre Tras las huellas de nuestro románico desaparecido. Rememorando un patrimonio olvidado.

As conferencias do venres, 19, están a cargo de Azucena Baloira Villar, licenciada en Filoloxía Clásica, que tratará o tema Pinceladas de la historia y el arte romano, e Enrique Sotelo Resurrección, arquiveiro municipal de Pontevedra, que o fará sobre La evolución urbanística en Pontevedra.

Comparte

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra