É tempo de corresponsabilidade

Actualizado 17/04/2013 10:46

museo de pontevedra

A Asociación de Mulleres en Igualdade de Pontevedra organiza o programa É tempo de corresponsabilidade, que se presenta no edificio Sarmiento do Museo o xoves 18 de abril, ás 20:00 h, no transcurso dun acto no que se dá a coñecer a Guía de Corresponsabilidade elaborada pola Confederación Nacional de Mujeres en Igualdad.

O acto, presentado por Beatriz Piñeiro Lago, presidenta de Mulleres en Igualdade de Pontevedra, está a cargo de Carmen Fúnez, secretaria da Confederación.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra