Agasallo de publicacións con motivo do Día do Libro

Actualizado 19/04/2013 09:29

museo de pontevedra

Escena de El Quijote, nun prato da Terceira época de Sargadelos (1845-1862)

Coincidindo coa celebración do Día do Libro, o martes 23 de abril, instaurado para conmemorar o aniversario do falecemento dos recoñecidos escritores Miguel de Cervantes e William Shakespeare, acaecido no dito día de 1616, a Deputación de Pontevedra agasallará cunha das súas publicacións a cada unha das persoas que visite as instalacións do Museo.

Ofrecerá tamén outras en venda a un prezo máis reducido do que é habitual.

A entrega de libros terá lugar na zona de cristal do Sexto Edificio del Museo, entre as 18:00 e as 21:00 h.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra