Charla para adultos sobre Os menores ante as novas tecnoloxías

Actualizado 26/04/2013 10:09

museo de pontevedra

Está organizada pola Deputación de Pontevedra e a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FANPA) e será impartida por Jose E. Torres Meira, responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda Civil, e nesta ocasión está dirixida única e exclusivamente a persoas adultas.

Nela serán tratados os seguintes aspectos de interese, especialmente para os pais e nais, pola súa actualidade: telefonía móbil, bluetooth, redes wifi, mensaxería instantánea ou chat, redes sociais, redes P2P, datos de carácter persoal, vantaxes e inconvenientes da webcam e recomendacións para unha navegación segura, ofrecendo ó finalizar a posibilidade de que os asistentes presenten ó conferenciante dúbidas ou cuestións que poidan ser interesantes.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra