Ciclo En paralelo: noites de literatura e cine

Actualizado 29/04/2013 09:05

museo de pontevedra

O venres 3 de maio, ás 20:00 h, con entrada libre, ten lugar no Sexto Edificio a segunda das conferencias do ciclo En paralelo: noites de literatura e cine, que se celebrará todos os meses do ano, agás xuño, xullo e agosto.

Trátase de que un venres de cada mes un escritor reflexione sobre o xénero literario que define a súa obra no aspecto que sobre o mesmo elixa. O relatorio será complementado o mércores seguinte coa proxección dunha película do mesmo xénero tratado polo escritor (histórico, biográfico, thriller…).

A conferencia do mes de maio está a cargo de Manuel Loureiro, que vai disertar sobre Como se escribe unha novela: distintos camiños para construír unha historia.

O escritor e avogado pontevedrés Manuel Loureiro, cualificado como o Stephen King español, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traballou como presentador na Televisión de Galicia e como guionista de diversos proxectos.

Na actualidade colabora cos xornais Diario de Pontevedra e ABC, así como coa Cadena SER.

Como novelista, a súa primeira obra foi Apocalipsis Z (Dolmen, 2008, reeditada por Plaza & Janés, 2010), á que lle seguiron Los días oscuros (Plaza & Janés, 2010) e La ira de los justos (Plaza & Janés, 2011).

É coautor do libro Juego de tronos: un libro afilado como el acero Valyrio (Errata Naturae, 2012).

Desde o 2011 está a traballar nunha trama ambientada entre un transatlántico dos anos trinta e a actualidade, que se publicará ó longo do presente ano.

A película que se vai proxectar o mércores 8 de maio é Con la muerte en los talones, de Alfred Hitchcock, de 1959.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra