XV Curso Internacional O Camiño de Santiago e a arte

Actualizado 06/05/2013 09:50

museo de pontevedra

A Fundación Cultural Rutas del Románico, coa colaboración do Concello de Pontevedra, de Autopistas del Atlántico e do Museo, pon en marcha a décimo quinta edición do Curso Internacional O Camiño de Santiago e a arte, que, con entrada libre, se celebra no salón de actos do Sexto Edificio do Museo, os días 9 e 10 de maio. As sesións comezarán ás 18:30 e ás 20:30 h, de acordo co seguinte programa:

Xoves 9 Motivos xacobeos e iconografía de Santiago na cultura libresca de época moderna

Rosa Mª Cacheda Barreiro, Universidade de Santiago

Os instrumentos musicais no Camiño de Santiago: unha lectura desde a peregrinación e a penitencia

Carlos Villanueva, catedrático de Música da Universidade de Santiago

Venres 10

A galeguidade de Don Benito Jerónimo Feijóo

Luis Rodríguez Ennes, Catedrático de Dereito Romano da Universidade de Vigo

A figura de Prisciliano

María José Bravo Bosch, profesora titular de Dereito Romano da Universidade de Vigo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra