Seráns do Conservatorio no Museo

Actualizado 09/05/2013 14:36

museo de pontevedra

Ciclo de concertos organizado en colaboración co Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

Coa celebración deste ciclo de concertos dase continuidade á colaboración establecida entre o Museo e o Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

Nesta iniciativa, que supón xa unha tradición consolidada dentro da cultura musical pontevedresa, participan diversas especialidades e agrupacións do alumnado do Conservatorio.

A entrada ós concertos é libre.

14 de maio ás 20:30h:

Concerto lírico de voz e piano, a cargo do Departamento de Canto, que fai a estrea especial do ciclo Linguas a Rosalía, interpretando obras orixinais de compositores galegos sobre textos de poetas europeos contemporáneos de Rosalía de Castro, traducidas ó galego.

28 de maio ás 20 h:

Concerto de música antiga, ofrecido polo Departamento de Música Antiga.

4 de xuño ás 20:30 h:

Concerto do ensemble de violonchelos, polo Departamento de Corda Fretada, na especialidade de Violonchelo.

Ver programa completo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra