A Cerámica de Sargadelos e a colección arqueolóxica do Museo trasládanse ó edificio Sarmiento

Actualizado 13/05/2013 10:36

museo de pontevedra

A montaxe das novas salas de Sargadelos e de Arqueoloxía no recén rehabilitado edificio Sarmiento esixe o peche do terceiro andar do edificio García Flórez e da pranta baixa do Castro Monteagudo, onde se achaban ambas coleccións.

A Sala de Sargadelos permanecerá pechada desde o martes 14 de maio e a Sala de arqueoloxía a partir do martes 21.

A cerámica Sargadelos exhibirase cunha nova distribución nunha sala de 125 m2 dedicada en exclusiva a ela, na que se amosarán duascentas dezasete pezas das seiscentas que constitúen a colección do Museo.

As novas salas de Arqueoloxía permitirán reunir fondos que se achaban repartidos en dous inmobles. Nelas estarán representados todos os períodos da prehistoria e historia antiga de Galicia. Tamén haberá un espazo diferenciado para as coleccións compostas por obxectos atopados noutros enclaves.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra