Ciclo de conferencias Aprende a mirar

Actualizado 16/05/2013 08:12

museo de pontevedra

O Museo programou, en colaboración coa UNED, o ciclo de conferencias Aprende a mirar para os días 20 e 27 de maio e 3 e 17 de xuño, ás 20:00 h e con entrada libre, no Sexto Edificio. Nel tomarán parte X. Antón Castro, crítico de arte e profesor da Universidade de Vigo, e Antón Sobral, artista e teórico da arte galega.

As charlas terán lugar no salón de actos, cunha duración dunha hora, e a continuación cursarase unha visita ás salas de exposición permanente nas que se exhibe a obra do artista obxecto da disertación.

Os autores que serán comentados ó longo do ciclo, artistas destacados da vangarda histórica galega, serán: o 20 de maio, Castelao; o 27, Laxeiro, o 3 de xuño, Colmeiro, e o 17, Torres.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra