David Fernández Rivera presenta Ecos de la noche no Museo

Este recital celébrase o martes 22 de maio ás 20:00 h no Sexto Edificio, dentro do ciclo Pontevedra, imán de palabras, programado en colaboración co Ateneo de Pontevedra.

Actualizado 16/05/2013 08:22

museo de pontevedra

Ecos de la noche é un álbum de poesía recitada, acompañada da mestría á guitarra de Diego Pacheco.

Concibido inicialmente como unha conferencia e recital de poesía, pouco a pouco foi nutríndose doutros moitos segmentos que accidentalmente ou por causalidade ía encontrándose o autor. E así chegou un traballo con vestiario, escenografía, iluminación, e por suposto, co apoio incontestable da música en directo. Non obstante, fíxose fixo un gran esforzo por manter a esencia da contención interpretativa e a gran intimidade que sempre caracterizou a David, ademais de facer algo moi sinxelo de montar para levar a un maior número de lugares.

David Fernández Rivera é un polifacético escritor, actor, músico e dramaturgo vigués que, sen haber cumprido aínda a trintena, ten unha carreira literaria e musical sinalada de premios, froito da súa creatividade e do seu cada vez máis intenso e crítico compromiso social.

Como é habitual, a entrada é libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra