As salas de Arqueoloxía e a cerámica de Sargadelos do Museo trasládanse ó edificio Sarmiento

Actualizado 22/05/2013 08:49

museo de pontevedra

A montaxe das novas salas que se está a facer no rehabilitado edificio Sarmiento impide de forma momentánea contemplar estas coleccións tan visitadas

Tres pezas de ouro do Tesouro de Caldas de Reis. Idade do Bronce

As novas salas de Arqueoloxía permitirán reunir fondos que se achaban repartidos en dous inmobles. Nelas estarán representados todos os períodos da prehistoria e historia antiga de Galicia. Tamén haberá un espazo diferenciado para as coleccións compostas por obxectos atopados noutros enclaves.

A cerámica de Sargadelos exhibirase cunha nova distribución nunha sala de 125 m2 dedicada en exclusiva a ela, na que se amosarán duascentas dezasete pezas das seiscentas que constitúen a colección do Museo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra