Estudo material dos fondos de Celso García de la Riega sobre Cristóbal Colón: novas achegas

Este é o título da conferencia que Mª Carmen Hidalgo Brinquis impartirá o xoves 23, ás 18 h no Sexto Edificio, organizada polo Ateneo e a Asociación Cristóbal Colón Galego.

Actualizado 23/05/2013 09:03

museo de pontevedra

A conferencia versará sobre o papel (a súa historia, os seus métodos de análise, etc.) centrarase especialmente no estudo dos documentos utilizados por Celso García de la Riega para defender a teoría da orixe galega de Cristóbal Colón. Presentaranse tamén os resultados dos estudos científicos que sobre eles se están realizando no Instituto del Patrimonio Cultural de España (IPCE), dependente do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, desde a petición levada a cabo pola Asociación Cristóbal Colón Galego.

Mª Carmen Hidalgo Briquis é Xefa do Servizo de Conservación e Restauración de Patrimonio Bibliográfico, Documental e Obra Gráfica do IPCE. É, ademais, representante para España do IPH (International Association of Papel Historians) e Secretaria Xeral e fundadora da Asociación Hispánica de Historiadores del Papel.

Ten impartido diversos cursos sobre identificación, conservación e restauración de materiais de arquivos e bibliotecas, publicado numerosos artigos en revistas especializadas e presentado comunicacións en congresos centrados nestes temas.

Como é habitual a entrada será libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra