Como mercar saúde?

Actualizado 24/05/2013 08:12

museo de pontevedra

A Asociación de Mulleres en Igualdade de Pontevedra organiza o venres 24 de maio, ás 20 h, no salón de actos do Sexto Edificio, a conferencia titulada Como mercar saúde? a cargo de Ana Mª Martínez Lorente, técnica do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde, da Consellería de Sanidade. Nela abordarase como facer unha mellor cesta da compra coñecendo que alimentos son máis saudables.

A entrada é libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra