Festividade do Corpus Christi

Actualizado 28/05/2013 12:26

museo de pontevedra

O domingo 2 de xuño, festividade de Corpus Christi, os edificios Castro Monteagudo e García Flórez permanecerán pechados ó público para facilitar a participación de pezas exhibidas no Museo na procesión desta celebración tan vinculada á tradición da cidade de Pontevedra.

O Sexto Edificio e as Ruínas de San Domingos permanecerán abertos no seu horario habitual.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra