Concerto do cantautor José Antonio Delgado Millán

Actualizado 29/05/2013 14:08

museo de pontevedra

O domingo 2 de xuño, ás 19:00 h celébrase nas Ruínas de San Domingos o concerto do gaditano José Antonio Delgado Millán.

Este cantautor ten compartido escenario con músicos do talle de Antonio Vega, Javier Ruibal, Jorge Drexler, Luís Pastor, Leo Minax, Carlos Chaouen e Vanesa Martín entre outros.

A súa música recibe influencias desde o pop actual ata o flamenco e o jazz. Nas letras das súas cancións fai retratos íntimos de aquelas pequenas cousas cotiás, valores e paixóns humanas, e especialmente no amor pola vida.

Gravou tres discos. O primeiro ten como título o nome do propio artista. O segundo, Mareado, é unha produción de DodeMusic e o terceiro, Perdiendo Altura, baixo o selo Odeón, de Ediciones Aljibe. Todos foron dirixidos, arranxados e producidos musicalmente polo mestre Joaquín Calderón.

Foi gañador de diversos certames nacionais de canción de autor.

A entrada é libre, ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra