Autocuración coa túa propia enerxía

Actualizado 31/05/2013 09:32

museo de pontevedra

José Suero Palancar impartirá o sábado día un de xuño ás 12 h no Sexto Edificio a conferencia titulada “Autocuración coa túa propia enerxía”.

O conferenciante, licenciado en Medicina e Cirurxía e diplomado en Homeopatía e Naturopatía, traballa na actualidade como médico de familia nun ambulatorio da Seguridad Social en Madrid.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra