I Congreso Galego sobre Seguridade Viaria

Actualizado 03/06/2013 12:41

museo de pontevedra

Durante o sábado 8 e o domingo 9 deste mes de xuño no salón de actos do Sexto Edificio celebrarase o I Congreso Galego sobre Seguridade Viaria, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Plataforma Motera para la Seguridad Vial.

A inauguración terá lugar o sábado ás 10 h e estará a cargo de Antonio Coello Bufil, subdelegado do Goberno en Pontevedra, Ana Isabel Vázquez Reboredo, deputada provincial de Cultura e Manuel Picón Sánchez, presidente nacional da Plataforma Motera para la Seguridad Vial como presentador e moderador.

Presentaranse un total de nove relatorios por parte de diversas persoas do eido da seguridade viaria desde diferentes puntos de vista como a prevención, a protección, as infraestruturas e a axuda ás vítimas de accidentes de tráfico.

A inscrición é gratuíta e limitada ó aforo (240 prazas) debe realizarse en secretaria.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100 extensión 42436.

Ver programa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra