Obradoiros de verán 2013

Actualizado 04/06/2013 14:23

museo de pontevedra

Nos vindeiros meses de xullo e agosto desenvolveranse no Museo de Pontevedra tres obradoiros pensados para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. O prazo para inscribirse comeza o 10 de xuño e remata o 19.

O programa consta dun Obradoiro de Cerámica, un obradoiro creativo sobre a figura lendaria do pirata Benito Soto, titulado Escola de Piratas: tras as pegadas de Benito Soto, e un obradoiro titulado O Mar desde a pintura, no que se traballarán diferentes técnicas pictóricas.

Con estas actividades totalmente gratuítas, ademais de entreter, preténdese dar a coñecer de forma activa as distintas coleccións do Museo ó tempo que se contribúe a potenciar o desenvolvemento persoal dos participantes, as relacións sociais e de amizade.

OBRADOIRO DE CERÁMICA

Os nenos e nenas experimentarán co modelado do barro e realizarán diferentes obxectos tanto utilitarios como artísticos de diferente envergadura e dificultade que posteriormente se levan a cocer para concluír así o proceso e podelos levar ós seus fogares.

Nenos/as de 5 a 8 anos (de 10 h a 12 h)

Do 1 ó 5 de xullo

Do 15 ó 19 de xullo

Nenos/as de 9 a 12 anos (de 10 h a 12 h)

Do 8 ó 12 de xullo

Do 22 ó 26 de xullo

ESCOLA DE PIRATAS: TRAS AS PEGADAS DE BENITO SOTO

Os rapaces achegaranse a esta controvertida figura do pirata da Moureira a través dos fondos documentais, gráficos e bibliográficos que posúe o Museo de Pontevedra, ó tempo que realizarán actividades creativas inspiradas na imaxe romántica dos piratas literarios

Nenos/as de 5 a 8 anos (de 10 h a 12 h)

Do 1 ó 5 de xullo

Nenos/as de 9 a 12 anos (de 10 h a 12 h)

Do 15 ó 19 de xullo

O MAR DESDE A PINTURA

A través de diferentes técnicas pictóricas os rapaces achegaranse dunha forma lúdica e pedagóxica ó tema da vida mariña aprendendo a súa importante repercusión na cultura galega. Traballarase con artistas como Francisco LLoréns, Manuel Torres ou Urbano Lugrís.

Nenos/as de 5 a 8 anos (de 10 h a 12 h)

Do 5 ó 9 de agosto

Nenos/as de 9 a 12 anos (De 10 h a 12 h)

Do 19 ó 23 de agosto

As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación.

Admitiranse 15 participantes por quenda. No caso de haber máis solicitudes ca prazas, o 26 de xuño farase un sorteo público entre os inscritos.

O mércores 27 publicarase a relación de admitidos en cada obradoiro nas páxinas web do Museo e da Deputación, así como no taboleiro de anuncios do pazo provincial.

Descargar folla de inscrición picando aquí

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra