Presentación do libro de José Curt

Actualizado 14/06/2013 13:20

museo de pontevedra

O martes 18 de xuño, ás 20h, celebrarase no salón de actos do Sexto Edificio a presentación de El Moreno del Lérez. Perdices, truchas y un trago de ribeiro, unha obra na que José Curt, a través dun fino humor e dunha sutil tenrura, nos achega á figura deste pescador e cazador con aptitudes excepcionais, gran coñecemento do medio e un inusual talento natural que vivía ó borde da marxinalidade.

Presidirá o acto a deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo. Tamén intervirán o propio autor, José Curt, o editor do libro, Delfín Seral Aranda, o marqués de Riestra, José Riestra Pita e o director do Museo, Carlos Valle.

Como é habitual a entrada será libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra