Modesto Bará (Pontevedra, 1896-1973): tras os pasos de Cristóbal Colón Galego

Actualizado 21/06/2013 14:06

museo de pontevedra

A figura de Modesto Bará (1896-1973), periodista e escritor pontevedrés, defensor da tese da orixe galega de Colón, será comentada polo seu fillo, Salvador Bará, e a súa neta, Milagros Bará, nunha conferencia promovida pola Asociación Cristóbal Colón Galego e o Ateneo de Pontevedra, que se celebrará o mércores 26 de xuño ás 20:30 h no salón de actos do Sexto Edificio.

Tratarase especialmente sobre o traballo inédito que realizou no ano 1957 titulado La patria de Colón: España. Nel abórdanse, entre outros temas, a linguaxe, a toponimia, a relación con América, Pontevedra e as teorías sobre a orixe xenovesa do descubridor.

A entrada é libre.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra